Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os comerciantes do Centro Histórico de Viveiro prepara un divertido Entroido

Por 17 Febreiro, 2020Sin comentarios

A Asociación de comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración co Concello de Viveiro, pon en marcha estes días a campaña de Entroido facendo especial fincapé, por segundo ano consecutivo, no Xoves de Comadres.

Preténdese relanzar ese día como inicio do Entroido e animar a tódalas comadres a pasar unha noite divertida. A convocatoria do ano pasado tivo moito éxito, polo que este ano incorpóranse máis iniciativas para que se animen moitas mais comadres a pasar unha noite de troula.

Para empezar, como o xoves pola noite haberá grupos que amenizarán os locais cos Cantos de Taberna “Espera que vou mexar” e “Os do 21” poñendo a nota musical a este inicio de entroido.

Serán catro locais de hostalaría os que ofrecerán menús especiais de Entroido a un prezo de 23 euros, un importe moi económico para animar ás comadres á troula. Son Casa Pepi, Bar Normandy, Asador A Quinta e Muro Restaurante. As reservas poden facerse xa e para os grupos que reserven cea nalgún dos locais participantes haberá moitas sorpresas.

Pero a festa non acaba aí, e despois das ceas terán un Drag Show da man de Muna Duval que realizará o seu espectáculo nos locais de copas La Biblioteca (de 12:30 a 1:30), Sugar Rock (de 1:30 a 2:30) e Pub Kopas (de 2:30 a 3:30).

Dende a Asociación animan a hotaleiros e comerciantes a que se disfracen e decoren os seus locais para dar máis alegría e diversión a estas datas. E a tódolos nosos clientes a que desfruten de Viveiro nestas datas, porque como di a canción “se te queres divertir non tes mais que vir ao Entroido a Viveiro”.